CRTVG

Buscar

Todo queda na casa

Programa 32: Nerea de Burela e Nahir en Montalvo

24/08/2014 16:00 h

“Todo Queda na Casa” chega este domingo a Burela para entrar por sorpresa nunha peixería deste fantástico porto mariñeiro na procura de algún cliente atrevido que leve a Isi á súa casa. Será Nerea, a máis nova das peixeiras, a que non dubide en retirar o mandil e as botas de goma para levar as cámaras do programa ao piso onde vive coa súa parella e o seu pequeno. No emocionante concurso desta tarde, tratará de gañar o máximo posible para levar de troula as súas compañeiras da peixería.

Desde Burela, o programa presentado por Isi desprazarase ao cámping de Montalvo. Entre familias en roulottes, tendas de campaña e caravanas, Isi entrará no bungaló que Nahir e as súas cinco amigas teñen alugado por uns días para gozar da praia e do ambiente de Sanxenxo. “Todo Queda na Casa” coñecerá os detalles destes días de acampada e xogará con esta moza, que intentará gañar o concurso para non privarse de nada nas súas vacacións.

Atopar capítulo por: