CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Nely Reguera, Uqui Permui, Lucía Estévez e Tito Lesende

07/12/2016 21:00 h

Música e cine danse cita no “ZigZag Diario”. O programa cultural da tvG2 recibe a Nely Reguera, directora da película participada pola Televisión de Galicia “María e os demais”, un filme intimista que recolle os sentimentos dunha muller responsable e controladora que se atopa sen rumbo unha vez que o seu pai, a quen coidou durante anos, se namora da súa enfermeira. 

O espazo tamén conversa coa realizadora e deseñadora galega, Uqui Permui, que estrea "Lo que nos cuentan los paisajes".

Ademais, o “ZigZag Diario” fala con Lucía Estévez, directora da curtametraxe 'Volver allí', e con Tito Lesende, autor do libro sobre os Beatles “Revolver”.

Atopar capítulo por: