CRTVG

Buscar

Pasaporte galego

Nélida Piñón, escritora universal coa raíz en Cotobade

19/11/2018 00:15 h

'Pasaporte Galego' asoma ás pantallas da TVG as historias de fillos de emigrantes que viviron fóra da terra, pero nunca se desnaturalizaron nin perderon o seu inconfundible xene galego, ese que lles conferiu sempre unha identidade única.
A protagonista deste capítulo é a escritora brasileira Nélida Piñón, descendente de galegos de Cotobade, que goza dun gran recoñecemento por parte da crítica universal e dunha obra que foi traducidas a unha chea de idiomas. Piñón foi presidenta da Academia Brasileira das Letras e Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2005 coa novela épica A República dos Soños. Da man de Isabel Blanco, poden ver como as súas lembranzas de infancia en Galicia fan que lle profesase amor eterno á terra de seus pais.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: