CRTVG

Buscar

Amor na rede

Natalia e Diego

14/09/2016 01:00 h

Os ritmos da sociedade actual parece que queren marcar o que un ten que facer a cada idade, pero a nosa protagonista non é de deixarse levar por convencionalismos. Natalia é unha pasteleira coruñesa de 32 anos que non cre no que a sociedade dite.

Ela ten claro que non quere casar nin ter fillos, pero o que si lle apetece é atopar unha persoa que a acompañe na súa vida. O seu ideal masculino é o actor Jason Statham e ela chega ao programa buscando un tipo duro coma el. Pero a psicóloga do programa, Itzíar Villar, sabe que o importante é o que vai por dentro, así que non se deixará guiar polo exterior na busca dun home á súa medida.

O pretendente para esta moza será Diego, un home tamén de 32 anos, de Cabanas. O exceso de tranquilidade e paciencia deste non será prato de gusto para Natalia, pero a súa afección aos viaxes e que fale alemán son detalles que a sorprenderán moi gratamente.

Na proba de compatibilidade que Camilo Lesta lles propón, ambos aproveitarán para darse unhas fregas, e na cea, Natalia descubrirá que está acompañada por un home moi san. Despois de brindar, sen beber, chegará o momento de descubrir se hai unha nova parella ou non.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: