CRTVG

Buscar

Londres en xogo

Natación: Beatriz Gómez, campiona mundial junior de 200 estilos

27/07/2012

 

Xogos Olímpicos de Pequín. 13 de agosto de 2008. Final dos 200 metros estilos. A australiana Stephanie Rice gaña a medalla de ouro con novo récord do mundo. Daquela, a pontevedresa Bea Gómez, con 13 anos, xa apuntaba maneiras, pero ninguén podía imaxinar que algunha vez tamén ela sería olímpica.

Catro anos despois da fazaña de Rice, Bea Gómez aínda non é maior de idade, pero xa se relaciona coa elite da natación mundial. Verase coa australiana en Londres.

A súa marca nos 200 metros estilos permitiríalle ser sétima na final olímpica de Pequín. En Londres terá que mellorala para entrar no grupo das oito mellores.

Das 12 primeiras da clasificación deste ano, a nadadora pontevedresa é a máis nova, e con diferenza. Só ela e a australiana Seebohn teñen menos de 20 anos. A gran dominadora da distancia, Stephanie Rice, ten seis anos máis. Bea é un diamante que hai que pulir.

En Galicia, a táboa de récords está case copada polo seu nome. Posúe 19 récords galegos individuais de 35 posibles. O ano que vén, despois da súa primeira experiencia olímpica, buscará un par máis.

Álvaro Reiriz empezou a preparar a Bea no Club Natación Galaico de Pontevedra cando a nadadora tiña nove anos. De aí saíran e saen moitos dos campións da natación galega. Agora, Beatriz Gómez préparase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ás ordes de Pepín Rivera. Sabe que algún día terá que saír fóra para seguir progresando.

En Galicia hai 40 piscinas homologadas, case 2.400 licenzas e unha nadadora olímpica que con só 17 anos foi campioa do mundo junior o ano pasado. Cando saia da piscina olímpica seguirá pensando no seu verdadeiro obxectivo: Río 2016.

 

 

Atopar capítulo por: