CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Muros

05/06/2016 15:30 h

Muros é tamén un porto onde as embarcacións tradicionais teñen moita importancia. Delas falarán Manuel Sendón, que leva moitos anos dedicado á promoción do patrimonio marítimo e fluvial de Galicia, e Manuel Brea, mariñeiro retirado e patrón dun galeón que foi recuperado e en que o espazo da Televisión de Galicia sairá navegar.
Outro dos protagonistas do programa deste domingo será Tono León, que se dedica ao polbo e que traballa fronte ao monte Louro, e Manuel Caamaño, un mariñeiro retirado, pero con moita experiencia, que foi patrón de arrastreiros e hoxe é un referente para o mundo do mar en Muros.

Atopar capítulo por: