Motel Valkirias
Capítulo 5
11/04/2023 00:05 h
Luís Castro segue a única pista que lle deu Telmo e secuestra a Carolina para saber quen está detrás da morte de Elixio e descubrir o paradoiro do camión. Desafortunadamente, Eva tamén cae nas redes de Luís Castro, pero a chegada de Lucía consegue darlle a volta á situación. Por outra banda, Ferrán queda cun dos seus socios na sombra, alguén totalmente inesperado que poñerá en perigo os lucrativos plans dos Mendonça.