CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Monográfico sobre Xosé María Díaz Castro (Día das Letras Galegas 2014). Entrevista a Luís González Tosar.

17/02/2014 21:00 h

“ZigZag Diario” adiántase hoxe ao centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, que se celebra este mércores, facendo un programa monográfico sobre a vida e obra do autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Para falar sobre a súa figura, o espazo da Galega recibirá no estudio o escritor e presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar, unha das persoas que mellor o coñecen persoal e culturalmente. 

Así mesmo, o programa presentado por Pilar G. Rego emitirá unha serie de reportaxes que percorrerán a traxectoria do poeta, ademais de presentar o libro “Xosé María Díaz Castro. Vida e obra”, de Armando Requeixo. Esta publicación ten a particularidade de ser a primeira que, ademais de analiza a obra do escritor, tamén relata a súa vida persoal.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: