CRTVG

Buscar

Descúbreme

Monforte de Lemos

07/09/2014 22:00 h

O programa “Descúbreme”, que achega unha nova perspectiva de Galicia a través do humor, dos misterios e das imaxes aéreas espectaculares, chega este domingo ao concello lucense de Monforte.

Na capital da comarca de Lemos, o “descubridor” Colombo, interpretado por Ricardo de Barreiro, coñecerá o Burgo da Idade Media desta cidade bañada polo río Cabe. O seu Museo do Ferrocarril, a xudería ou o Centro do Viño da Ribeira Sacra serán parte dos tesouros que os espectadores poderán contemplar nesta nova entrega.

Para ir pasando as diversas probas e descartando os tesouros das terras de Lemos que aparezan no seu camiño, Colombo contará, coma sempre, coa axuda do “Señor Equix”, un misterioso guía que vai orientando, cando non atrancando, o presentador durante a súa viaxe.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: