CRTVG

Buscar

Bamboleo

Mirela, Roi Casal, Orquestra Gran Casino e Borja Quintela

25/03/2017 22:00 h

Tras competir en numerosos talents shows e estar a piques de representar a España en Eurovisión, a cantante Mirela chega a “Bamboleo” para cantar o tema “Contigo”, co que se presentou á candidatura do certame musical europeo. Esta moza madrileña tamén pode presumir de ser unha das protagonistas do recoñecido musical “El rey león”.

Tamén visita o programa o músico, compositor e cantante galego Roi Casal. O ex-compoñente do grupo Milladoiro interpreta os temas “Pinar del Rio” e “Mar de las Antillas”.

Complétanse as actuacións musicais coa Orquestra Gran Casino e Borja Quintela, un ourensán que participou en varios concursos de karaoke e agora conta con temas propios.

En “Agora ou Nunca”, Marita Martínez e Jesus Ángel Díaz compiten interpretando “Habemos de ir a Viana” e “Qué de raro tiene”. “A Jrileira” enfronta ao karaoke a Andrea e Fernando.

 

Atopar capítulo por: