CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Mirandela e Moscoso

19/02/2017 23:30 h

Santo André de Mirandela é unha localidade do concello de Castroverde, unha zona de transición entre a chaira e as serras orientais de Lugo. Esta é unha parroquia gandeira con extensas praderías para a cría de  vacas leiteiras. En Mirandela, hai censadas máis vacas ca persoas. Alí só viven 64 veciños e entre eles Martín, o primeiro neno nacido na aldea despois de 16 anos. Neste programa os reporteiros percorren unha ruta de sendeirismo na compaña del, que os leva ata o muíño Mirandela, onde varios xubilados adoitan xogar unha partida de dominó. Ademais, achéganse á granxa de Outeiro durante a visita veterinario e aprenden a facer marmelo con María Carme e a tocar o acordeón.

Moscoso está ao sur da provincia de Pontevedra, no concello de Pazos de Borbén, entre Redondela e Soutomaior. Unha boa parte dos veciños deste lugar emigraron a Salvador de Bahía, no Brasil, durante o século pasado e alí montaron unha sociedade de amigos de Moscoso. Nesta aldea celébrase o Encontro dos Santos e a festa da chula, xa que os veciños son moi festeiros. Eles presumen de “fraseoloxía” propia e xúntanse todos as fins de semana para xogar as cartas. Neste entrega de “Grandes Lugares”, os reporteiros pasean pola fraga de Barragán, un dos bosques autóctonos mais grandes da provincia; practican cestería de subsistencia con Álvaro e coñecen a Malvares, o cantante de rap de Moscoso. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: