CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Miña terra galega

22/02/2014 20:30 h

 Siniestro Total compuxo o tema cunha intención irónica, pero, querendo ou sen querer, tocou con forza a nosa morriña.

  "Miña terra galega" é unha versión de "Sweet Home Alabama", do grupo estadounidense Lynyrd Skynyrd, estrelas do rock sureño. Gravárona no LP "Menos mal que nos queda Portugal", en 1984, con letra de Julián Hernández.

 Desde entón ata agora, o grupo experimentou varios cambios, algúns moi difíciles, como a marcha do que foi o seu primeiro vocalista, Germán Coppini, recentemente falecido. Pero das crises saíron fortalecidos e tanto foi así que maduraron do seu punk inicial, divertido, falcatrueiro e intencionadamente desafinado, a un pop rock potente, con contundentes diálogos de voces e guitarras. Iso si, mantendo sempre a ironía que os caracteriza e a forza do seu directo.

 Nesta edición de "No bico un cantar", coñecemos a historia de Siniestro Total e escoitamos "Miña terra galega" interpretada por eles, pero tamén noutras versións ben diferentes, como a feita por Anxo Pintos coa zanfona, Guadi Galego e Paco Charlín con voz e contrabaixo e o cuarteto de corda A Cámara Baixa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: