CRTVG

Buscar

Milenio

A ouija resolve un crime / Os pastequeiros

17/01/2020 00:30 h

A primeira parte do programa leva o título de 'A ouija resolve un crime' e céntrase nun caso en que, a través do taboleiro ouija, un grupo de persoas en Pontevedra invocou unha muller falecida, da que a Garda Civil non coñecía a súa identidade. O resultado foi sorprendente: a través da sesión de espiritismo reveláronse algúns datos da vítima -cuxo corpo foi atopado nun monte da Estrada- e que logo puideron ser comprobados coa detención dos culpables. No programa falan os protagonistas, xornalistas de sucesos e investigadores do caso. A reportaxe complétase con outros casos semellantes que aconteceron en Galicia.

Na segunda metade do programa, 'Milenio' irá na busca dos pastequeiros, unha estirpe de curandeiros -metade bruxos, metade sacerdotes- que operaban no rural da cidade de Pontevedra e a súa contorna. A través de testemuños de veciños e especialistas, o programa reconstrúe as prácticas destes personaxes e descobre algúns dos ritos que aínda se conservan no rural pontevedrés.

Atopar capítulo por: