CRTVG

Buscar

Milenio

Romasanta e outros 'lobishomes' / O Santo Graal

14/02/2020 00:30 h

Ás veces, as lendas fanse realidade. É o caso dos lobishomes. A mediados do século XIX, o galego Manuel Blanco Romasanta foi xulgado por varios crimes e no xuizo alegou que era quen de transformarse en lobo xunto con outros homes. Será o primeiro tema deste capítulo de Milenio, que reconstrúe a historia deste home que acadou sona internacional. Tamén analizaremos outros casos de homes e mulleres lobo acontecidos en diferentes localidades galegas.

No segundo treito do programa imos na procura da reliquia máis buscada do Cristianismo: o Santo Graal, o cáliz que utilizou Xesús na última cea. Seguimos a pista desta peza e preguntámonos se é a mesma que se atopa na igrexa de Santa María A Real do Cebreiro, protagonista dun milagre que incluso chamou a atención dos Reis Católicos e que forma parte do escudo de Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: