CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Microteatro con Manolo Romón e Víctor Coyote / Teatro e poesía en "O asombro" / Amaranta Velarde, coreógrafa

15/03/2013

María Solar conversa co actor Manolo Romón, quen actúa na obra de microteatro “Fade out”. Unha peza sobre unha muller-verme que fala no presente do seu pasado.

Outra proposta de microteatro ofrécea o músico, deseñador e escritor Víctor Coyote, que interpreta “Foto Viéitez Soutelo”, unha das actividades complementarias da exposición que achega a Madrid a obra do fotógrafo galego Virxilio Viéitez.

A relación entre teatro e poesía lévanos á obra “O asombro”, de Fantoches Baj, unha das tres compañías que se unen na Zona C de Santiago no ciclo “Escénas Poéticas”. “O asombro” está baseada en textos de Uxío Novoneyra e usa outras linguaxes artísticas como o vídeo, a música e o teatro de actor.

 Coñecemos a coreógrafa Amaranta Velarde, que representou no Festival Alt de Vigo a montaxe “Lo natural”, un proxecto que xorde da curiosidade cara á natureza artificial.

Atopar capítulo por: