CRTVG

Buscar

Mellor xuntos

Metal Ferrol, De Historia, Mancomunidade de Montes de Rubiáns e Nor Rubber

15/03/2017 11:45 h

“Mellor Xuntos” fala doutros tipos de organizacións empresariais, distintas das cooperativas, que tamén son colaborativas e igualitarias. É o caso de “Metal Ferrol”, unha Sociedade Anónima Laboral que se dedica ao mecanizado de pezas metálicas, reparacións mecánicas industriais e fabricación de bens de equipo e compoñentes para o sector eólico.

Coñecemos “DeHistoria” é unha Sociedade Limitada Laboral, que investiga o pasado e o parentesco de persoas. Visitamos “Nor Rubber” en Tui, unha empresa punteira no tratamento do caucho que foi reflotada polos propios traballadores.

Ademais, o programa entrevista a Xurxo Abuín, o presidente do colectivo da Comunidade de Montes de Rubiáns, un proxecto de futuro e sostible co que se pretende poder xestionar con total autonomía as propiedades forestais da zona.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: