Matalobos

Matalobos. 3ª tempada. Cap. 50: "Os inimigos do Leste"

04/10/2011 - 22:30 h
Compartir en Facebook

Cap. 50 : "Os inimigos do Leste".

Convencido de que algún día recuperará o control sobre a Sardiñeira, Carmelo regresa esta noite con todo o seu esplendor a Matalobos (22.25h.), a serie que achega o capítulo “Inimigos do leste”, o segundo da nova tempada. Coa súa nova banda, o personaxe encarnado por Luís Iglesia está disposto a quitarlle todo o protagonismo a Mateo Veloso, o seu contrincante, roubándolle unha importante partida de droga, sen que ninguén sospeite que estea detrás do feito. Namentres a Garda Civil traballa día e noite para dar coa droga desaparecida e consegue infiltrar unha axente na banda de Matalobos, Irene, que se fai pasar pola nova camareira da sociedade recreativa e á que Carmelo está a mirar con moi bos ollos.

   Neste novo escenario, sen pazo e sen o poder de antes, co inimigo metido na casa e aínda sen sospeitar nada da infiltrada, Carmelo Matalobos vaise converter no peor pesadelo de Veloso, namentres que tamén amosa o seu lado máis tenro coa nai, cando se decata de que está enferma.
   
    No espazo narrado pola propia Garda Civil con imaxes da serie,  “15 Zona: cerco aos Matalobos” que precede ao capítulo (21.55h.), descóbrese hoxe o labor que estes axentes desenvolven nas costas e nos portos de Galicia, na loita contra o narcotráfico.

   Despois de Matalobos chegará a segunda entrega de “Damages”, (23,20h.)  o drama legal protagonizado pola gañadora do Óscar Glenn Closse co papel de Patty Hewes. Esta prestixiosa avogada que dirixe con man de ferro un dos bufetes máis poderosos de Nova York trata de aproveitar unha nova testemuña que parece ser moi útil para os intereses dos seus clientes diante da proposición de acordo de Frobisher, pero que vai xerar sospeitas de estar a ocultar información chave.

 

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.