CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Mary Quintero. Festival Film Forum. Iván Prieto. Carlos Puga

17/11/2015 21:00 h

A editorial Xerais acaba de presentar un novo libro titulado “Mary Quintero, retratista dende os 15 anos”. Unha obra que recolle os máis de sesenta anos da profesión da fotógrafa viguesa, con datos privados e técnicos, referencias a artigos xornalísticos e anécdotas. Asemade, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega decidiu dedicarlle unha xornada para ver a súa traxectoria. Co gallo destes dous eventos, a artista vén hoxe ao programa cultural da tvG2 para manter unha conversa sobre todos os seus anos de experiencia fotográfica. 

No eido do cinema, o programa faise eco do comezo en Londres do Galicia Film Forum, unha mostra de longametraxes galegas. Mentres, Moncho Lemos recomenda "La decisión de Julia" dentro das proxeccións do Festival de Cine de Ourense

Finalmente hai dúas reportaxes. Unha, sobre a exposición que o escultor valdeorrés, Iván Prieto, fai na galería de arte “Espazo 48” baixo o título de “Esmagoados”. Por outra banda, amosarán a exposición en Vigo do fotógrafo Carlos Puga, bautizada como “Deixou que o mataran”.  

Atopar capítulo por: