CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Marina Seoane / Xermán Refojo

26/05/2015 21:00 h

  No estudio está a escritora e ilustradora Marina Seoane, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, que aglutina máis de 130 profesionais procedentes de todas as vertentes da creación visual aplicada. Seoane falará da situación da ilustración en Galicia e do primeiro caderno de bocexos ilustrados editado pola asociación, que en cada páxina contén un pequeno debuxo de cada socio.

  Zigzag visita en Lugo o estudio do pintor Xermán Refojo, que realiza colaxe e técnica mixta, nunha viaxe á nostalxia. O seu universo creativo remite a un imaxinario en que a cor nos une á terra e, con anacos de fotografías, o artista introduce o espectador no seu mundo familiar e de lembranzas. Unha amálgama de sensacións evocadoras coas que combina pasado e presente de xeito amable e moi expresivo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: