CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Marín

05/12/2015 16:30 h

Marín é esta semana o destino do programa “Aquí Galicia”, que amosará todos e recunchos e segredos dunha vila que se asoma á ría de Pontevedra desde unha contorna privilexiada, co mar e o monte a un paso, e que ofrece unha estampa marabillosa do seu litoral, con praias de auga cristalina e de area fina. 
O espazo da TVG coñecerá a zona urbana, fará turismo pola natureza e internarase no Marín máis mariñeiro. Tamén é obrigada unha visita a Ecoparque, o primeiro parque multiaventura de Galicia, que ofrece turismo activo en 60 xogos distribuídos ao longo de seis roteiros pensados para todas as idades, con tirolinas, bambáns, camiños de redes e un rocódromo.
Como xa estamos en pleno mes de decembro, “Aquí Galicia” verá como os integrantes da Asociación Cultural Os da Caña están a preparar o seu belén vivente e tamén descubrirá as actividades de Nadal que organiza o Concello de Marín no pavillón polideportivo.

Atopar capítulo por: