CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

María Reimondez, coautora de "Feminismos" / A historiadora Emilia García e as viaxes de Valentín Paz Andrade / "Amor de serea" de Santiago Jaureguízar

15/04/2013 16:30 h

Os libros serán protagonistas un luns máis no programa “ZigZag Diario”, que terá hoxe como convidada a escritora María Reimóndez, autora, xunto a Olga Castro, do libro “Feminismos”, co que realizan un percorrido polas reivindicacións e prácticas feministas en distintas culturas de todo o planeta e presentan as achegas e os logros destes movementos na mellora da sociedade.

O espazo da tvG2 tamén presentará a obra coa que ven a luz textos inéditos das viaxes de Valentín Paz Andrade por América como delegado da FAO, na súa condición de recoñecido especialista en economía pesqueira. Estas notas e descricións foron compiladas pola historiadora Emilia García no libro “Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955”, editado por Alvarellos.

Ademais, os espectadores poderán coñecer a nova novela do escritor e xornalista Santiago Jaureguízar, “Amor de serea”, onde lle volve dar vida a Tintimán, un mozo xornalista, aventureiro e fachendoso que nas dúas entregas anteriores investigou senllas conspiracións históricas nas cidades de Santiago e A Coruña. O personaxe visita nesta ocasión Vigo para arroxar luz sobre a aparente desaparición dos galeóns de Rande.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: