Cuestións persoais
María de Carral
21/11/2016 23:30 h
“Cuestións persoais” dirixe os seus pasos a Carral. Nesta localidade coruñesa vive María, unha muller que acaba de pasar polo peor dos pesadelos: a morte da súa filla pequena. A coach Teresa Hernández tenta axudar a María e mais a súa familia a superar a dor máis profunda e seguir adiante. “Cuestións persoais” enfronta un dos casos máis emocionantes, unha historia de enorme carga humana que afectará mesmo as especialistas.