CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Marcos Calveiro, Miguel Cerro, OUFF, Cineuropa e "Poesía Hexágono"

23/11/2015 21:00 h

A obra “Fontán”, de Marcos Calveiro, acaba de ser galardoada co premio Repsol de Narrativa Breve e é por iso que hoxe o programa cultural da tvG2, “ZigZag Diario”, recíbeo para comentar o acto de entrega de galardóns e o argumento da súa creación literaria.

No bloque de premios tamén se conversará con Miguel Cerro, gañador do premio Compostela de Ilustración polo seu traballo “Y se hizo la luz”.

 O cinema tamén estará presente, xa que o Festival Internacional de Cinema de Ourense, o Ourense Film Festival (OUFF), pecha as súas portas ata o ano que vén e no programa farán un percorrido por todas esas xornadas nas que o cinema tomou as rúas da cidade das Burgas.

A outra proposta cinematográfica será un percorrido do cineasta catalán José Luís Guerín por Cineuropa. 

Finalmente, a proposta literaria vén da man da editorial Apiario, a través dun libro de poesía titulado “Poesía Hexágono”, dedicado a docentes, trata de inculcar o verso aos nenos a través da súa propia experiencia. 

 

Atopar capítulo por: