CRTVG

Buscar

Quérote tanto

Manuel Reimóndez e Sergio

30/10/2017 23:45 h

O primeiro programa de “Quérote Tanto” lévanos a coñecer a Manuel Reimóndez, adestrador do equipo de fútbol sala feminino Futsal A Gaiola. Manuel leva media vida loitando polo fútbol sala feminino e a igualdade no deporte. O seu labor como adestrador e a complicidade coas rapazas do equipo é tal que as vai  buscar á casa para os partidos e implícase na súa formación persoal e académica. 
A comezos deste ano, e en pleno proceso de recuperación dunha operación, Manu recibe a nova de que unha das súas xogadoras sufriu un gravísimo accidente. Decide estar aí con ela e a súa familia, servindo de apoio en todo momento. Por todo isto, as cámaras de “Quérote Tanto” e Lucía Perez converteranse no cómplice perfecto para que o adestrador reciba a merecida homenaxe que lle fan as súas xogadoras, familiares e amigos.

Na sección de “O Recuncho de Quérote Tanto”, Arantxa Treus abre por primeira vez as portas do bar das sorpresas para recibir a Sergio, que chega ao “Recuncho” co fin de homenaxear o seu avó.

Atopar capítulo por: