CRTVG

Buscar

Galegos

Manuel Álvarez Torneiro

19/04/2014 20:30 h

O poeta Manuel Álvarez Torneiro falará hoxe do que lle é propio e do que nos é común a todos na serie documental “Galegos”, que unha semana máis emprenderá unha viaxe a través das olladas reflexivas de personaxes sobranceiros da política, a economía e a cultura galegas.

Álvarez Torneiro recibiu o Premio Nacional de Poesía cando xa cumprira os 80 anos. Neno da guerra, perdida polos seus, e da posguerra, tamén perdida, atopou nos versos de Neruda unha luz que lle marcou o camiño. Na súa poesía está presente o amor, a morte, o paso do tempo e a esperanza, sempre a esperanza, trampa necesaria para seguir.

O existencialismo da súa obra reflicte a súa vida e a certeza de que os poderosos sempre están “tallando a coitelo o futuro dos mansos”, pero nos seus versos exhórtanos a ter o valor de darnos o futuro.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: