CRTVG

Buscar

Que casas!

Mañón, Cangas do Morrazo, Vigo, Tui e Pantón

12/07/2017 00:30 h

O programa comeza o seu percorrido no punto máis setentrional de Galicia e de toda a Península Ibérica, Estaca de Bares, onde o arquitecto Marcos Álvarez restaurou unha tradicional casa mariñeira cun respecto excepcional ao lugar onde se encadra e ao estilo construtivo co que se concibira inicialmente. 
A continuación, na ría de Aldán, en Cangas do Morrazo, Marisa, decoradora, vive nunha singular casa minimalista con paredes, chan e teito de madeira e unha conexión incontestable co mar. 

Na cidade de Vigo, “Que Casas!” visita a Manuel Alonso, un verdadeiro erudito que presenta a casa da súa filla, un moderno e curioso apartamento no centro urbano. O programa volve unha vez máis a Tui, onde unha muller mozambicana, María Arnalda, descobre a casa onde viviu felizmente co seu home, un conde de orixe suíza recentemente falecido. 

O paseo remata no concello lucense de Pantón, onde José Alfonso se encarga de coidar dunha aldea antigamente abandonada e que foi recuperada por un grupo de persoas que agora se ocupa dunha pequena produción vitivinícola.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: