CRTVG

Buscar

Maniotas

Maniotas (07/04/2012)

07/04/2012 19:45 h

  Achegar os valores e beneficios da práctica deportiva na vida, reflectindo situacións tanto divertidas coma emotivas mediante os seus protagonistas, é o obxectivo de “MANIOTAS”, un espazo dirixido a toda a familia para transmitir o importante papel que o deporte e a relación entre as persoas teñen na sociedade.

    Pero, quen son os protagonistas destas historias? Pois xente disposta a mover as pernas e o corazón, relacionada con distintas disciplinas deportivas, desde as máis populares e  modestas ás máis orixinais; colectivos ou individuos que ofrecen aos telespectadores a oportunidade de coñecer as situacións máis curiosas, emotivas e sorprendentes para superarse.

    Na primeira historia de hoxe coñeceremos a Olalla, unha estudante de INEF que sente auténtica vocación por esta carreira deportiva e amais é unha gran xogadora de voleibol, tanto que cando chega o verán vai coas súas amigas a practicar volei-praia. Desde outra óptica veremos o segundo protagonista, Fernando, un hostaleiro da Coruña que atopou no golf unha solución para estar en contacto coa natureza, co deporte e cos amigos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: