Xente marabillosa
Maiores tecnolóxicos: Con Arturo Fernández e Marcial Mouzo
30/04/2023 22:45 h
O ‘Xente Marabillosa’ de hoxe xira arredor da chamada fenda dixital, un problema que afecta os nosos maiores e dificúltalles o acceso ás novas tecnoloxías. Profundamos nesta temática a través de dúas cámaras ocultas que recrean a discriminación que recibe unha avoa por parte da súa neta no momento de facer unha xestión telemática. Haberá galegos marabillosos que saian na súa defensa?