CRTVG

Buscar

Luz verde

Maiores ao volante

01/07/2017 20:30 h

Un de cada seis condutores galegos ten máis de 65 anos. 
O rigor nos exames psicoténicos, a limitación de conducir en certas vías ou a complicidade da familia son algún dos aspectos que trata o programa. 
O tenente coronel Francisco Javier Molano explica o papel da Agrupación de Tráfico para evitar este tipo de sinistros, en que a mortalidade dos implicados é superior á media. O tenente Francisco Javier Dopico e o garda civil Pablo Bouzas achegan a súa experiencia e póñenlle voz a un relato que vai esmiuzando todas as implicacións de ter un censo de condutores con idade elevada, como acontece en Galicia. 
A coordinadora da Dirección Xeral de Tráfico para Galicia, María Victoria G. Dobarro, e a psicóloga Eva Muíño, engaden os  enfoques normativo e psicolóxico, para entender na súa complexidade unha problemática que se prevé que sexa aínda máis acusada nos próximos anos polo progresivo avellentamento da poboación.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: