CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Maceda

06/02/2016 16:30 h

Irmáns dos peliqueiros de Laza e dos cigarróns de Verín, “Aquí Galicia” preséntalles hoxe aos espectadores os felos de Maceda. O espazo da Galega celebra o Entroido neste municipio ourensán, onde a figura do felo é a máis representativa.
Ademais, o programa presentado por Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Juan Fuentes achegarase á Maceda natural a través das impresionantes vistas de San Mamede e a lugares emblemáticos da vila como o seu castelo, atacado na revolta Irmandiña, declarado Ben de Interese Cultural e do que hoxe pervive a remodelación promovida na Idade Moderna. 
No apartado gastronómico, os representantes da Festa da Zorza presentarán este producto en empanada, mentres que Carlos Parra, do restaurante Castelo de Maceda, elaborará un menú para recibir o programa da Galega, que tamén se ocupará da tenreira autóctona das terras de Maceda. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: