CRTVG

Buscar

Método criminal

Capítulo 8: O animal que levas dentro

21/03/2021 22:30 h

Rosario chegou a Galicia disposta a acabar con Damián e o seu clan debido ao roubo do cargamento. Pero despois da aparición por sorpresa da mercancía no tanatorio e da oferta de Damián para lavar cartos coa produtora do proxecto sobre os irmandiños, as augas volveron ao río e non houbo que lamentar vítimas. De momento. Damián xa non goza da confianza de Rosario, polo que a primeira medida que toma é a de poñer a Sofía á fronte do negocio da produtora, unha proba que deberá superar con boa nota. Mentres tanto, Susana, Adrián e Luís, alleos ás verdadeiras intencións de Rosario, fan todo o posible por agradar aos colombianos. 

Atopar capítulo por: