CRTVG

Buscar

Método criminal

Capítulo 7: Plan B

14/03/2021 22:30 h

Na produtora as cousas seguen revoltas. A incorporación de Cecilia coma a nova guionista do proxecto non foi ben acollida por todos. Despois da fuxida de Xavier, Adrián é a única voz discordante que quere desenmascarar a Luís e a Cecilia e dar a coñecer a súa relación con Damián.

Sen pensalo dúas veces, Adrián lanzouse a unha misión para obter probas contra eles, pero esqueceu que é mellor manterse á marxe en todo o que teña que ver co clan dos Canosa. Mentres tanto, o negocio entre o clan dos Canosa e os colombianos está moi preto de facer augas. Despois da primeira descarga, un descoñecido roubou o furgón co cargamento, un revés que obriga a Damián a gañar tempo para recuperar a carga antes de que Rosario reciba a alerta da desaparición.

 

Atopar capítulo por: