CRTVG

Buscar

Especial

LXII Festa do Albariño

04/08/2014 23:15 h

Un luns máis, a TVG achéganos a outra das grandes citas festivas que tiveron lugar en Galicia na fin de semana. Nesta ocasión, o especial dará conta das variadas actividades e da música que ambientaron a LXII edición da Festa do Albariño. Desenvolvida durante a semana pasada en Cambados, está declarada de interese turístico nacional e, de feito, é o festexo vinícola máis antigo de Galicia e o segundo de toda España. Nesta celebración multitudinaria, os asistentes poden degustar os mellores caldos desta denominación de orixe e asistir ao acto de investidura dos seus embaixadores, as Damas e Cabaleiros do Albariño, entre variadas propostas

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: