CRTVG

Buscar

Galegos

Luz Pozo

21/06/2014 20:15 h

A poeta Luz Pozo Garza falará hoxe con Xosé Manuel Vega do que lle é propio e do que nos é común a todos na serie documental “Galegos”, que unha semana máis emprenderá unha viaxe a través das olladas reflexivas de personaxes sobranceiros da política, a economía e a cultura galegas.

Luz Pozo criouse nunha casa chega de libros escritos en diferentes idiomas. Alí líanse novelas e recitábanse poemas en familia. A poesía é para ela o xénero literario máis emotivo, en que unha soa palabra pode ter moitos significados.

Con máis de 90 anos, segue a escribir poesía. Vive soa, porque quere, sente a vida fermosísima e asegura estar a vivir a etapa máis feliz por poder pensar, lembrar e imaxinar con absoluta liberdade, sen que ninguén a moleste ou a interrompa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: