CRTVG

Buscar

Luar

Luz Casal / Los Suaves / Hugo e Yhadira / Centenarios e centenarias

06/12/2013 22:00 h

   A cantante Luz reaparece cun novo disco, "Almas gemelas", onde asimila sons novos e intimistas sen relegar o rock máis esencial.

   A mítica banda de rock "Los Suaves" trae novo álbum, "La gira de los mil conciertos", unha selección de gravacións en directo realizadas durante a xira conmemorativa do concerto número 1.000 da banda. Igualmente, Hugo e Yhadira presentan o seu último traballo.

   Ademais, polo escenario pasan a Banda de Música de Lousame; os Pandeireteiros de Xacarandaina, unha asociación cultural que supón un exemplo vivo da arte popular de Galicia; o grupo folclórico Atlántida de Matamá, que leva 50 anos fomentando actividades musicais nesta parroquia viguesa; a orquestra Los Satélites e a Banda Baile Asalto, un grupo pontevedrés que amosa un fondo coñecemento da música tradicional e galega e un gran gusto polas músicas doutros países.

   O concurso "Vai de Gaita" conta coa participación de catro concursantes: Laura Suárez e Santiago López, que actuan xuntos interpretando "Novo millenium"; e Iago Prieto e Javier Alves, que fan o mesmo coa "Muiñeira montañesa". No tempo de "Recantos", é a quenda de Martín, representante da comarca Noia-Barbanza; e Irixa, de Ourense Norte. 

   Esta noite, o programa ten como convidadas varias persoas que superaron os 100 anos. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: