CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Luxemburgo

18/11/2013 22:30 h

En Luxemburgo, “Galegos no Mundo” coñecerá a Benxamín Porto, un enxeñeiro informático vigués de 30 anos que fixo as maletas por amor; e a Carlos Heras, que decidiu pasar un ano alí cun programa de voluntariado europeo.

Outras das protagonistas do programa desta noite serán Santina Pacio, que deixou Riotorto e instalou o seu propio restaurante galego en Luxemburgo; e Elvira Rodríguez, unha ourensá que leva xa oito anos na cidade traballando como educadora nun xardín de infancia, coa que os espectadores poderán probar o espumoso luxemburgués.

Fernando Casas, que proporá facer escalada baixo a chuvia en Müllerthal, un bosque na rexión da Petite Suisse; e Isabel Fernández, que se mudou hai 40 anos cos seus pais e que agora é propietaria dunha inmobiliaria, son outros dos “Galegos no Mundo” que hoxe coñecerán os espectadores da TVG.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: