CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Luís Rei Núñez, Xohana Torres e libraría Trama

14/11/2016 21:00 h

Pilar García Rego entrevista a Luís Rei Núñez para falar da súa última novela, “O encargo do señor Castelao”, publicada por Edicións Xerais. A obra fai un percorrido polos últimos anos de vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que pasou no exilio entre Nova York e a Habana acompañado de Virxinia Pereira. Este libro convértese nunha peza moi documentada na que o escritor fala dun encargo particular que Castelao lle fai ao militante comunista José Gómez Gayoso, mentres recrea uns anos escuros nos que os antifascistas aínda resistían con esperanza.

O programa dedícalle unha reportaxe a Xohana Torres, unha das grandes voces da poesía contemporánea. Afastada do ámbito público nas últimas décadas, a poetisa volve aos andeis de novidades cunha coidada edición de “Elexías a Lola”. Ademais, coñecemos Trama, a primeira libraría galega que conta co distintivo Librerías de Calidade, un selo outorgado polo Ministerio de Educación e Cultura que certifica o bo facer da súa xestión.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: