CRTVG

Buscar

O gato con botas

Luís Emilio Batallán

11/04/2018

“O Gato con Botas” ten unha intensiva sesión de musicoterapia na consulta do incombustible doutor e cantautor Luís Emilio Batallán. Nado en Compostela en 1948, segue os pasos do seu pai e estuda Medicina, unha profesión que deixa un pouco de lado cando unha guitarra se cruza no seu camiño e o empurra á súa verdadeira vocación: a música.

En 1975 debuta con “Ahí ven o maio”, álbum do que se venden máis 500.000 copias, o maior supervendas da historia da música galega. Coñecido pola súa habilidade para musicalizar poemas de grandes referentes da literatura galega como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro ou Álvaro Cunqueiro, ten no seu haber colaboracións con Joaquín Sabina, Serrat ou Pablo Milanés.

Manuel Manquiña e o equipo de “O Gato con Botas” entra na súa casa para repasar con el unha vida intensa, dedicada á medicina rural, e na que actualmente colgou a bata, pero non a guitarra.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: