CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 20: Pais e fillos

19/07/2015 22:00 h

Hadri chega á casa moi enfadado porque lle roubaron o móbil no instituto e sabe de sobra quen foi: Xoel (Santiago Curquejo), un rapaz maior ca el e moi abusón. 

A partir dese momento comeza unha cruzada de actos vandálicos por parte dos dous que remata con Luci falando co pai de Xoel, que resulta ser Gonzalo Soutelo (Manuel Cortés), un coñecido chef que en ningún momento admite a culpabilidade do seu fillo, aínda que sabe de sobra que é capaz de facer calquera falcatruada.

Para arranxar o asunto, Gonzalo decide ir á casa de Luci e regalarlle a Hadri un móbil novo, poñendo como excusa que así pechará o círculo de violencia iniciado por Hadri. Pero Luci non está disposta a admitir algo así e acaba botándoo, o que ten como resultado que o rapaz volve ser vítima dos abusos de Xoel. Desesperada, Luci acode a Berto para resolver o problema, pero se cadra non foi boa idea.

Atopar capítulo por: