CRTVG

Buscar

Luar

Dúo Dinámico, Lucía Pérez e o gaiteiro Óscar Ibáñez

17/07/2015 22:00 h

Conta coa presenza no escenario do Dúo Dinámico, tamén coa presenza da cantante Lucía Pérez, que interpretará temas do seu último disco, “Quitapenas”. A coñecida cantante galega non virá soa, senón que chegará acompañada do seu irmán, cantautor coñecido artisticamente como Vizcaíno, co que interpretará a dúo a canción “Sete chorares”.

Ademais, o espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro recibirá a visita de Óscar Ibáñez, un dos gaiteiros galegos máis galardoados, que está a presentar o seu novo espectáculo, “Alén do mar”, unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade.

O grupo de música celta Zamburiel, que une elementos tradicionais folk con temas de carácter pop-rock e ritmos de diferentes procedencias, a Agrupación Folclórica Aires de Dorna, as cantareiras de Madialeva e a actuación conxunta do acordeonista e pianista Enrique Paisal, do clarinetista e saxofonista Antonio Vázquez “Tocho” e da presentadora e cantante Iolanda Vázquez completan a proposta musical do programa desta noite, que contará tamén con moito humor e co regreso a “Luar” de Mucha e Nucha.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: