Luar
María del Monte, David Civera e Helena Bianco
Noite de celebracións e festa en “Luar”, Por un lado, comeza o verán e por outro achégase a celebración do San Xoán. O programa musical celébrao como manda a tradición, con lume, moitas historias e moitos costumes que rodean a noite de San Xoán. Ademais, todo estará aderezado coma sempre con convidados, música e humor.
Actúan María del Monte, David Civera e Helena Bianco. Na noite de San Xoán tampouco poden faltar os sons e artistas galegos, que para esta ocasión serán a Banda de Música de Cee, o gaiteiro da Fonsagrada, Desiderio, Avelaíña, a Agrupación Trébede e a orquestra Ledicia, entre outros.
Noite especial tamén para os participantes de “Recantos”, coa eliminación de catro participantes. A troula, as trasnadas e o bo humor tamén están presentes con Campos e Crespo.