CRTVG

Buscar

Luar

Luar (29/06/2012)

29/06/2012 22:00 h

Un novo espectáculo musical e de humor será o que achegue, un venres máis, o programa “Luar”, recibindo no estudio algúns dos mellores artistas do panorama musical nacional e galego. Amais dos convidados, a edición é especial, importante e decisiva para algúns dos participantes de “Recantos”. Os oito aspirantes do concurso musical afrontan unha nova fase eliminatoria, catro deles terán que abandonar o concurso e a partir do vindeiro venres comezaría a rolda de semifinais.

Mentres os Recanteiros se preparan para volver amosarlle ao público galego as súas dotes e calidades para a canción, os espectadores poden gozar coas actuacións de Raphael, o artista de Linares cunha voz e presenza no escenario moi persoal canta algúns dos seus mellores temas. Doutro lado, os irmáns Los Vivancos, que revolucionaron o panorama escénico da década, acoden a “Luar” para que gocen co seu talento e ritmo. A Quinta da Laxeira e a Nova Banda de Música de Vilatuxe, entre outros achegan os sons galegos.

    Amais Luís de Matos sorprende cun número de maxia; Campos e Crespo, Paco e Pepe e os concursantes de Os Humorosos arrincaranlles o sorriso cos seus chistes e parodias. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: