CRTVG

Buscar

Luar

Último programa da temporada 2016-2017

28/07/2017 22:00 h

“Luar” pecha por vacacións ata setembro e faino repasando as mellores actuacións da temporada. Así, podemos lembrar o paso polo programa de Miguel Bosé, Sergio Dalma, Marta Sánchez, Bustamante, Paloma San Basilio, Rosario, Al Bano, Alberto Cortez, El Langui, Andy y Lucas, cantando xunto ao Dúo DinámicoIsmael Serrano xunto a Ruada e Luar na Lubre, Juan Pardo coa súa filla LysAbraham Mateo, Gemeliers e o neno Adrián Martín.

Tampouco falta nesta despedida a música das mellores orquestras, nesta ocasión con La Fórmula, Los Satélites e La Nueva Phila

A música galega vén da man do quinteto feminino Ialma, das agrupacións Cantares do Brión e A Regionalista e de Susana Seivane coa Banda Interxeracional.

Ademais, cada colaborador do programa recomenda un sitio para visitar dentro de Galicia.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: