CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Loureiro, "Perfís de realidade" / "O bosquexo do mundo" / "Hablar con arte"

14/05/2013 21:00 h

O programa “ZigZag Diario” conversará hoxe co artista ferrolán Loureiro, que expón no Centro Torrente Ballester “Perfís de realidade”, unha exposición retrospectiva que repasa á última década da súa traxectoria creativa. Este percorrido reúne os seus proxectos máis relevantes, así como unha gran cantidade de obra inédita, exemplo da intensidade creadora e da capacidade evolutiva do artista.

O espazo da tvG2 tamén visitará no Marco de Vigo a exposición “O bosquexo do mundo”, unha viaxe polos procedementos creativos levados a cabo nos obradoiros de artistas, que lle permite ao espectador comprender e valorar o traballo que se agocha tras cada obra. A mostra ofrece a posibilidade de gozar dun conxunto de útiles, documentos, cadernos, apuntes e demais material de 21 artistas nacionais.

Por outro lado, “ZigZag Diario” farase eco do programa didáctico “Hablar con arte”, co que a Fundación María José Jove pretende potenciar a creatividade e estimular os sentidos das persoas con algún tipo de discapacidade; e entrará no obradoiro do pintor e escultor Julio Sanjurjo, que leva máis de 30 anos desenvolvendo o seu labor creativo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: