CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Lorbé (Oleiros)

12/02/2017 15:45 h

O litoral do porto de Lorbé, no concello de Oleiros, é coñecido pola dureza do mar e a forza do vento. O equipo do programa navega polas augas do golfo Ártabro, a bordo do Maradán, onde o patrón maior, Emilio Méndez, narra a súa experiencia no mar.
A confraría de Pescadores desta ribeira de salitre conta con corenta asociados que traballan nas dez embarcacións que amarran no porto para despois de saír ao mar con miños, trasmallos, nasas ou poteiras da lura.  X.H. Ribadulla conversa con Roberto Babío, un mariñeiro que aprendeu o oficio no mar cos vellos de Lorbé. A continuación, o equipo do programa embarca na Balbina, para coñecer como se traballaba na pesca do patexo, que están a recuperar na Asociación de Cltura Mariñeira “Os patexeiros”. As lanchas patexeiras son a embarcación tradicional do porto de Lorbé, pero cada ría galega ten as súas singularidades, case todas elas coñecidas por Pepe Gómez, carpinteiro de ribeira no porto, que conta as diferenzas que existen na construción das embarcacións.
O programa tamén segue o camiño dos productos que chegan ao porto con Sole Dominguez, peixeira ambulante que percorre as estradas do concello repartindo o peixe acabado de capturar.  Natural de Laxe, pero veciña de Lorbé dende fai máis de trinta anos, serve de guía para coñecer a marca do mar na vida dos veciños de Oleiros. Para repoñer forzas, o presentador do programa pasa á cociña do barco no que traballa Lucho Méndez, que preparará un saboroso guiso de luras. As nenas da agrupación Galdrumeira amenizan a sobremesa coa súa música mariña.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: