CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 307: 'Loito pechado'

09/10/2019 13:02 h

Tras as perdas, chegan os loitos. O dos socios de Cárnicas Santalla, coa produción perdida no accidente que case lle custa a vida a Álvaro. Pero a situación poderíase aliviar se conseguen cobrar os cartos do seguro. Deli quere postergar o seu loito e, cando sabe da enfermidade do seu home, saca forzas de fraqueza para non vestir de viúva por adiantado. O de Laura, despois de que Telmo a abandone, está tinguido dunha carraxe que a volverá irrecoñecible. E, finalmente, está o loito de Pepe, sentido e pechado polos porcos mortos no sinistro, que será aproveitado pola ansia lucrativa do cura e de Elvira. Porén, onde el ve "restos mortais", Carmiña só distingue lacóns e soás.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: