CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Lito Portela, "Espiñas coroadas" / Extramuros / O escultor e ceramista Daniel Caxigueiro

21/05/2013 21:00 h

O espazo “ZigZag Diario” terá hoxe como convidado o artista Lito Portela, que, coa exposición “Espiñas coroadas”, leva á Fundación Laxeiro a súa reflexión sobre a natureza, o home e o estrañamento deste ante o mundo que nos rodea e nos acolle. Este sinxelo proxecto escultórico, con pezas rotundas, a medio camiño entre o hiperrealismo e a poesía, significa unha mudanza na linguaxe de Portela, que abandona as súas preocupacións construtivas para centrarse nunha linguaxe máis orgánica.

Por outro lado, o programa da tvG2 coñecerá este martes un novo espazo artístico na Coruña: Extramuros, un centro de traballo e creación da compañía teatral ArtesaCía e da produtora multimedia SrPause Cinescapismo. O seu obxectivo é facilitar un espazo de experimentación e creación profesional, aberto a exposicións de propostas artísticas, propiciando un diálogo permanente cos creadores contemporáneos e ofrecendo tamén formación no eido das linguaxes artísticas.

Ademais, “ZigZag Diario” entrará no obradoiro do escultor e ceramista Daniel Caxigueiro, cuxa obra reflexiona sobre cuestións que condicionan o desenvolvemento vital. A mestura de diferentes linguaxes, o interese por narrar, xunto a unha actitude crítica e claramente periférica, serven de punto de partida para achegarse ao seu xeito persoal de entender a arte.

Atopar capítulo por: