CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 7: Lisboa

12/08/2010 22:24 h

Lisboa, berce de navegantes e exploradores, é a cidade escollida polo programa "Galegos no mundo" para percorrer da man de sete galegos que un día decidiron asentarse na capital portuguesa, que durante séculos foi centro do comercio marítimo internacional.

A primeira acompañante do programa é Hortensia Martínez, que marchou de Cobelo a Lisboa sendo unha nena. Aínda que hoxe aos seus 67 anos estea xubilada, esta muller emprendedora non se resignou a quedar na casa e traballou ata converterse nunha das primeiras executivas dunha multinacional norteamericana. Jacobo Camba convida ás cámaras do programa a pasear pola Baixa, a tomar o elevador de Santa Xusta e subir ata a Alta para asistir a unha velada de fado. Da man do compostelán, Miguel Seco, responsable de negocios da entidade bancaria principal de Portugal recibirá os espectadores da Televisión de Galicia na súa residencia de Sintra. Con el e a súa familia coñeceremos esta fermosa vila e unha das súas edificacións con máis sona: a quinta da Regaleira.

Noutros momentos do programa, o profesor de lingua e literatura galegas, Miguel Arce levaranos ata Cabo de Roca, o "Fisterra portugués"; coa xornalista Begoña Iñiguez, compartiremos un xantar habitual con outros colegas e personalidades da vida social e política de Lisboa e con Miguel Carrera, orixinario de Mondariz e empresario hostaleiro, coñeceremos de primeira man a historia pasada e presente dos galegos en Portugal e da súa contribución ao desenvolvemento de Lisboa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: