CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Lela

01/02/2014 20:30 h

   "Lela" é unha das cancións máis fermosas da música galega. O tema fala de amor e naceu como parte do texto de "Os vellos non deben namorarse".

   Cantigas e Agarimos foi a agrupación responsable da estrea en Galicia da obra, 20 anos despois de que se puxese en escena na Arxentina, onde Castelao vivía exiliado. Como non tiñan partituras en que basearse, encargóuselle a música ao director artístico da agrupación, Rosendo Mato Hermida, quen é o autor da famosa melodía en que hoxe recoñecemos “Lela”.

  Cantigas e Agarimos foron os primeiros en cantala e fixérono na praza da Quintana de Santiago de Compostela durante as festas do Apóstolo de 1961. En 1996, o gaiteiro Carlos Núñez incluíu o tema no seu disco "A Irmandade das Estrelas", na voz da portuguesa Dulce Pontes.

   "No bico un cantar" ofrece as versións de Carlos Núñez e Dulce Pontes, Treixadura, Cantigas e Agarimos, Anxo Pintos, a Magnifique Bande dos Homes sen Medo, a soprano Laura Alonso, a Banda da Escola de Música de Rianxo, A Cámara Baixa e o coro de nenos do CPI Plurilingüe Tomas de Lemos de Ribadavia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: