Latexos da cidade
Pan en Pontevedra, hostalería en Vigo, sociedade deportiva na Coruña e fútbol feminino en Ourense
27/11/2021 20:00 h
As nosas cidades nunca descansan, sempre están en movemento! Cheas de vida, de historias, de ritmo, de momentos, de xente. Hoxe en Latexos da Cidade imos andar na fariña.
Visitaremos a cidade de Pontevedra para coñecer de primeira man como é o oficio de panadeiro. E non dun calquera! En Vigo, tamén aprenderemos oficios, neste caso os de camareiro e de cociñeiro nunha escola de hostalería. Cousa nada doada!
E na Coruña coñeceremos unha sociedade deportiva que ten de todo, incluídos cabalos! E remataremos en Ourense, cun equipo de fútbol moi especial cunhas xogadoras moi especiais!